20/04/17

Investigando na nosa contorna

O noso alumnado  participa na actividade "Adopta unha árbore" na finca do instituto. Dende a materia de INEIN, levamos a cabo unha actividade de sensibilización para desenvolver a capacidade de observación e descobrimento do medio que nos rodea, fomentar o entusiasmo e establecer compromisos persoais  cara a actitudes de conservación.
Na primeira sesión  cada grupo deberá marcar na súa ficha de observación as árbores e prantas ornamentais que van atopando. Tamén deberán decidir e consensuar a árbore que van adoptar. Posteriormente buscarán información tanto na biblioteca como na rede sobre a súa escolla. Finalmente deberán redactar o seu compromiso para coidala e protexela.


03/03/17

Visita ao Museo do Mar

O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar  en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar.
Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso.
Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe!

E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo! 

25/01/17

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).

Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares, o  autor que fixo a traducción desta obra ao galego e que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

18/01/17

Formación de usuarios na biblioteca

Video informativo compartido por bibliototem  do IES Xunqueira 2 de Pontevedra

Traballo co listado de libros de lectura de diferente cursos
Localización nos andeis
Consulta no MEIGA no ordenador do alumnado

11/01/17

Ecoauditoría escolar

Enquisa para o alumnado sobre educación ambiental e consumo responsable
Antes de responder debes pensar ben as respostas e en caso de dúbida pregunta antes á profesora.

A importancia de ir á escola

Con este documental poderás reflexionar sobre a importacia de ir á escola e poder aprender cousas novas cada día.
.
Despois veremos a correspondente unidade didáctica e faremos un pequeno traballo sobre a película.

Documentación e ficha didáctica na páxina oficial.





19/06/16

Avaliación final

Debes cubrir a seguinte enquisa tranquilamente e coa maior sinceridade posible.Se non comprendes ben o enunciado consulta coa profe antes de responder. 
É totalmente anónima!

17/06/16

Clase lectora do curso 2015/2016

Libretas de Bibliotecas Escolares como premio polo seu compromiso lector.
Parabéns! 
1º ESO_B

1º ESO_A

29/05/16

Investigación sobre o noso Mercado e Praza de Abastos



Dentro da campaña do concello "Quere o teu mercado" o alumnado de INEIN realizou dúas visitas ao Mercado Municipal. 
A primeira, para investigar e preguntar sobre o seu funcionamento e necesidades .


E a segunda,na véspera do Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos, para levar as conclusións finais e compartilas co alumnado do colexio e da escola unitaria de Rubiós.

.

Museo etnográfico "Casa do patrón" en Lalín

Unha lembranza da nosa visita...

07/05/16

Saída didáctica á comarca do Deza

Pola mañá...
Visita ao museo etnográfico "Casa do Patrón" en Lalín
Obradoiro de queixo artesán

Saída en colaboración con Ciencias Naturais




Saída didáctica á comarca do Deza

Pola tarde...
Camiñada pola fraga de Catasós

Visita ao "Museo Galego da Marioneta", no Pazo de Liñares.

Saída en colaboración con Ciencias Naturais

Música e poemas de Manuel María

Na xornada de convivio coas escolas unitarias da contorna.

 

Buscar na rede

Presentación de 
 profesora-titora e Responsable da Biblioteca Escolar at CEIP Milladoiro


27/02/16

Concurso "Descubrindo a Rosalía"

Actividade de investigación na nosa biblioteca
Formación de usuarios

Lecturas compartidas no Día de Rosalía

O alumnado de INEIN de 1º de ESO participou activamente nas actividades da "Semana de Rosalía".
Estas imaxes corresponden ás lecturas compartidas na biblioteca.


20/11/15

Mandalas para relaxarse

Dado o interese que suscitan os mandalas despois de ver o cartaz deste curso para o Día da Biblioteca Escolar elaborado polo alumnado de INEIN de 1º de ESO, deixamos aquí o enlace para descargar e colorear os que máis gusten.

200 mandalas para imprimir de Orientación Andújar


09/11/15

As nosas lendas e contos populares

Como actividade colaborativa  tentamos recuperar "Contos e lendas de Galicia", especialmente da nosa contorna. O alumnado debe investigar e  aportar unha historia coñecida do lugar onde vive, ou preguntar na casa, aos avós ou veciños.
En caso de non atopala, outra posibilidade será buscar nos fondos da nosa biblioteca, onde temos actualmente una exposición cunha considerable selección sobre o conto galego.
E tamén poderán buscar  na rede, para o que recomendamos a páxina de Galicia encantada.

Comezamos co noso guíón técnico en storyboardthat


A continuación, dividimos o folio en seis cadros  (situación no espazo e no tempo, personaxes, situación inicial, nó e desenlace final) que iremos completando e incluso debuxando...


Unha vez redactada a historia, cada alumno/a debe ilustrala con storyboardthat ou crear un minilibro con storyjump, como aparece neste exemplo:


Book titled 'OS CELTAS E O SAMAÍN'


 Finalmente iremos recopilando as colaboracións do grupo, que xuntaremos nun Thinglink no que poderemos incorporar as imaxes, os documentos sonoros e as presentacións en storyjump.E así será como entre todo o grupo  conseguiremos "AS NOSAS LENDAS"

Rúbrica de avaliación do traballo en 

02/11/15