Visita ao Museo do Mar
O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar. Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso. Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe! E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo!