Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Investigación

Descubrindo a Julio Verne

Imaxe
Lecturas,teatro, cine...todo un mundo por descubrir! Imaxe atopada en Pinterest E  par ir empezando, o enlace á película "La vuelta al  mundo en 80 días"

Día Mundial do Medio Ambiente

Imaxe
Iniciativa ONU "Rompe co plástico"

A nosa exposición "As Neves zona 0"

Imaxe
  Unha retrospectiva sobre o lume no noso concello: un traballo de investigación e recopilación de material diverso que inclúe fotografías, prensa e as impresións do alumnado.

As imaxes do lume

Imaxe
Galería de fotos sobre o incendio no noso concello  e que nos van chegando coa colaboración do alumnado.     

O día despois...

Imaxe
Esta fin de semana foi tráxica para Galicia e en especial para o noso concello por mor dos intensos incencios. Despois de dous días sen aulas, retomamos a actividade lectiva reflexionando sobre o que aconteceu. Hoxe na clase saíron as palabras que nunca nos gustaría pronunciar pero entre todos e todas conseguiremos superalo. O noso traballo de investigación deste trimestre consistirá en averiguar o que pasou nas diferentes parroquias,todo o que perdemos e como nos sentimos. Recuperaremos historias vividas e fotografías para non perder a memoria e procurar que a historia non se repita. Moito ánimo!

Visita ao mercado municipal de As Neves

Imaxe
Por segundo ano consecutivo o noso alumnado visita o mercado municipal no  Día Internacional dos mercados, baixo o lema "Quere o teu mercado". Unha oportunidade para coñecer tanto os productos locais  como os que forman parte da nosa alimentación e tamén o pracer de conversar coas persoas que rexentan os diferentes postos para coñecer os seus problemas e as súas vivencias no día a día. Ademáis, desta vez, puideron asistir á exposición de fotografías sobre a evolución do mercado e do pobo nos últimos anos.  .

Coñecemento do noso Medio Natural

Imaxe
O noso centro é privilexiado dado que conta cunha finca na que podemos desfrutar, pasear e tamén investigar o medio que nos rodea sen ter que saír do recinto escolar. Desta vez, coa axuda da profesora de Bioloxía, o alumnado puido comprobar in situ as diferentes especies tanto autóctonas como alóctonas e incluso facer propostas de  mantemento e recuperación.

Obradoiro de Xeoloxía con Francisco Canosa

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO participa nun obradoiro organizado pola profesora de Bioloxía para coñecer e investigar os minerais da man do xeólogo e investigador Francisco Canosa. Tamén recomendamos unha visita ao seu interesante  blog  Rutas xeolóxicas de Galicia  

Investigando na nosa contorna

Imaxe
O noso alumnado  participa na actividade "Adopta unha árbore" na finca do instituto. Dende a materia de INEIN, levamos a cabo unha actividade de sensibilización para desenvolver a capacidade de observación e descobrimento do medio que nos rodea, fomentar o entusiasmo e establecer compromisos persoais  cara a actitudes de conservación. Na primeira sesión  cada grupo deberá marcar na súa ficha de observación as árbores e prantas ornamentais que van atopando. Tamén deberán decidir e consensuar a árbore que van adoptar. Posteriormente buscarán información tanto na biblioteca como na rede sobre a súa escolla. Finalmente deberán redactar o seu compromiso para coidala e protexela.

Visita ao Museo do Mar

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar  en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar. Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso. Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe! E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo! 

Resultados da enquisa sobre educación ambiental e consumo responsable

Investigación sobre o noso Mercado e Praza de Abastos

Imaxe
Dentro da campaña do concello "Quere o teu mercado" o alumnado de INEIN realizou dúas visitas ao Mercado Municipal.  A primeira, para investigar e preguntar sobre o seu funcionamento e necesidades . E a segunda,na véspera do Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos, para levar as conclusións finais e compartilas co alumnado do colexio e da escola unitaria de Rubiós. .