Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Educación en valores

Día Mundial do Medio Ambiente 2019

Imaxe
Proxección de documentais, reto semanal #RefugalloCero e exposición na biblioteca!

Paseo para coñecer a contorna

Imaxe
Paseo conxunto do alumnado de 1º de ESO  para ir investigando e coñecendo o noso medio natural!

Día Mundial do Medio Ambiente

Imaxe
Iniciativa ONU "Rompe co plástico"

O monte nace na escola

Imaxe
Actividade do centro en colaboración co Concello e co voluntariado das Neves para replantar a nosa zona ardida en outubro.

Celebración do Día da Árbore

Imaxe
Lembramos a  visita polos arredores para ver as zonas queimadas... E agora a primavera que se achega!

Actividade de convivencia e vida saudable

Imaxe
Alumnado de INEIN e Vida saudable  

Investigando na nosa contorna

Imaxe
O noso alumnado  participa na actividade "Adopta unha árbore" na finca do instituto. Dende a materia de INEIN, levamos a cabo unha actividade de sensibilización para desenvolver a capacidade de observación e descobrimento do medio que nos rodea, fomentar o entusiasmo e establecer compromisos persoais  cara a actitudes de conservación. Na primeira sesión  cada grupo deberá marcar na súa ficha de observación as árbores e prantas ornamentais que van atopando. Tamén deberán decidir e consensuar a árbore que van adoptar. Posteriormente buscarán información tanto na biblioteca como na rede sobre a súa escolla. Finalmente deberán redactar o seu compromiso para coidala e protexela.

A importancia de ir á escola

Imaxe
Con este documental poderás reflexionar sobre a importacia de ir á escola e poder aprender cousas novas cada día. . Despois veremos a correspondente unidade didáctica e faremos un pequeno traballo sobre a película. Documentación e ficha didáctica na  páxina oficial .

Investigación sobre o noso Mercado e Praza de Abastos

Imaxe
Dentro da campaña do concello "Quere o teu mercado" o alumnado de INEIN realizou dúas visitas ao Mercado Municipal.  A primeira, para investigar e preguntar sobre o seu funcionamento e necesidades . E a segunda,na véspera do Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos, para levar as conclusións finais e compartilas co alumnado do colexio e da escola unitaria de Rubiós. .