Visita ao mercado municipal de As Neves
Por segundo ano consecutivo o noso alumnado visita o mercado municipal no Día Internacional dos mercados, baixo o lema "Quere o teu mercado". Unha oportunidade para coñecer tanto os productos locais como os que forman parte da nosa alimentación e tamén o pracer de conversar coas persoas que rexentan os diferentes postos para coñecer os seus problemas e as súas vivencias no día a día. Ademáis, desta vez, puideron asistir á exposición de fotografías sobre a evolución do mercado e do pobo nos últimos anos. .


Comentarios
Publicar un comentario