Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Escolas UNESCO

Día Mundial do Medio Ambiente 2019

Imaxe
Proxección de documentais, reto semanal #RefugalloCero e exposición na biblioteca!

A nosa exposición "As Neves zona 0"

Imaxe
  Unha retrospectiva sobre o lume no noso concello: un traballo de investigación e recopilación de material diverso que inclúe fotografías, prensa e as impresións do alumnado.

Celebración do Día da Árbore

Imaxe
Lembramos a  visita polos arredores para ver as zonas queimadas... E agora a primavera que se achega!

Outro día de mar!

O alumnado de 1º ESO visitou O Grove. En primeiro lugar fixeron unha visita ao acuario para descubrir as especies atlánticas e observar a fauna propia das nosas costas (raias, xurelos, douradas, rodaballos, maragotas, centolas, lumbrigantes...). Despois realizaron un paseo en catamarán para visitar unha batea.Rematamos a viaxe na illa de A Toxa. Un día especial e diferente para os que somos de mar adentro!

Investigando na nosa contorna

Imaxe
O noso alumnado  participa na actividade "Adopta unha árbore" na finca do instituto. Dende a materia de INEIN, levamos a cabo unha actividade de sensibilización para desenvolver a capacidade de observación e descobrimento do medio que nos rodea, fomentar o entusiasmo e establecer compromisos persoais  cara a actitudes de conservación. Na primeira sesión  cada grupo deberá marcar na súa ficha de observación as árbores e prantas ornamentais que van atopando. Tamén deberán decidir e consensuar a árbore que van adoptar. Posteriormente buscarán información tanto na biblioteca como na rede sobre a súa escolla. Finalmente deberán redactar o seu compromiso para coidala e protexela.

Visita ao Museo do Mar

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar  en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar. Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso. Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe! E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo! 

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño). Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar  O Principiño  en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de  Le petit Prince  en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70. Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares , o  autor que...

Música e poemas de Manuel María

Imaxe
Na xornada de convivio coas escolas unitarias da contorna.