Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta INEIN1617

Canto sabes de reciclaxe?

Imaxe
Clica sobre a imaxe para buscar información!

Hábitos do alumnado e consumo responsable

Enquisa para o alumnado sobre educación ambiental e consumo responsable Antes de responder debes pensar ben as respostas e en caso de dúbida pregunta antes á profesora. Cargando...

Feliz verán!

Imaxe
O curso chega ao seu remate e toca despedirse desta gran aventura que comezamos buscando información  e navegando pola rede. Agora chega o  descanso pero como hai tempo para todo, para xogar e seguir aprendendo, deixamosvos cun dos nosos xogos favoritos... Preme na imaxe e verás todo  o que podes atopar para compartir cos teus amigos!

Centenario de Gloria Fuertes

Imaxe
Coa ocasión do Centenario do nacemento de Gloria Fuertes, durante este trimestre, o alumnado de INEIN de 1º de ESO  elaborou diferentes traballos sobre esta escritora.  A primeira fase foi de documentación e para iso recomendamos algunhas páxinas destacadas. Posteriormente foron elaborando presentacións cos poemas da autora. Cada alumno/a debe escoller un poema diferente. Ademáis recolleremos todas as propostas nunha imaxe en Thinglink. Documentación Fundación Gloria Fuertes Gloria Fuertes, mucho más que la poeta de los niños 10 poemas de Gloria Fuertes, la poeta de corazón immenso Gloria Fuertes, poemas del alma El rap canta a Gloria Fuertes Este é un dos poemas que xa fomos seleccionando anteriormente e que forma parte das lecturas compartidas na celebración do Día da Paz, unha actividade organizada polas Escolas asociadas á UNESCO, das que o noso centro forma parte.

Coñecemento do noso Medio Natural

Imaxe
O noso centro é privilexiado dado que conta cunha finca na que podemos desfrutar, pasear e tamén investigar o medio que nos rodea sen ter que saír do recinto escolar. Desta vez, coa axuda da profesora de Bioloxía, o alumnado puido comprobar in situ as diferentes especies tanto autóctonas como alóctonas e incluso facer propostas de  mantemento e recuperación.

Navega con rumbo

Imaxe
O xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO asistiu á charla  que leva por nome "Navega con rumbo"organizada polo departamento de Orientación. Esta inciativa do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia e a Consellería de Educación pretende achegar aos menores a un uso consciente e responsable de Internet e aborda temas como as redes sociais, o acoso, a suplantación de identidades ou o tratamento da identidade dos menores. En Pinterest no taboleiro de  "Protégete en red"  de@educaINTEF hai moitas infografías que recollen as recomendacións básicas. 

Outro día de mar!

O alumnado de 1º ESO visitou O Grove. En primeiro lugar fixeron unha visita ao acuario para descubrir as especies atlánticas e observar a fauna propia das nosas costas (raias, xurelos, douradas, rodaballos, maragotas, centolas, lumbrigantes...). Despois realizaron un paseo en catamarán para visitar unha batea.Rematamos a viaxe na illa de A Toxa. Un día especial e diferente para os que somos de mar adentro!

Visita da escritora Ledicia Costas

Imaxe
Recibimos a visita da escritora Ledicia Costas ,organizada pola biblioteca. Deste xeito o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos creativos do seu libro de lectura "Escarlatina, a cociñeira defunta", tamén puideron falar de ciberacoso e mesmo  de Julio Verne... Unha boa maneira de celebrar o Día do libro!

Obradoiro de Xeoloxía con Francisco Canosa

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO participa nun obradoiro organizado pola profesora de Bioloxía para coñecer e investigar os minerais da man do xeólogo e investigador Francisco Canosa. Tamén recomendamos unha visita ao seu interesante  blog  Rutas xeolóxicas de Galicia  

Investigando na nosa contorna

Imaxe
O noso alumnado  participa na actividade "Adopta unha árbore" na finca do instituto. Dende a materia de INEIN, levamos a cabo unha actividade de sensibilización para desenvolver a capacidade de observación e descobrimento do medio que nos rodea, fomentar o entusiasmo e establecer compromisos persoais  cara a actitudes de conservación. Na primeira sesión  cada grupo deberá marcar na súa ficha de observación as árbores e prantas ornamentais que van atopando. Tamén deberán decidir e consensuar a árbore que van adoptar. Posteriormente buscarán información tanto na biblioteca como na rede sobre a súa escolla. Finalmente deberán redactar o seu compromiso para coidala e protexela.

Visita ao Museo do Mar

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar  en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar. Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso. Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe! E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo! 

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño). Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar  O Principiño  en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de  Le petit Prince  en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70. Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares , o  autor que...

Formación de usuarios na biblioteca

Imaxe
Video informativo compartido por bibliototem   do IES Xunqueira 2 de Pontevedra Traballo co listado de libros de lectura de diferente cursos Localización nos andeis Consulta no MEIGA no ordenador do alumnado

Resultados da enquisa sobre educación ambiental e consumo responsable

A importancia de ir á escola

Imaxe
Con este documental poderás reflexionar sobre a importacia de ir á escola e poder aprender cousas novas cada día. . Despois veremos a correspondente unidade didáctica e faremos un pequeno traballo sobre a película. Documentación e ficha didáctica na  páxina oficial .