Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Vida saudable

Visita ao mercado municipal de As Neves

Imaxe
Por segundo ano consecutivo o noso alumnado visita o mercado municipal no  Día Internacional dos mercados, baixo o lema "Quere o teu mercado". Unha oportunidade para coñecer tanto os productos locais  como os que forman parte da nosa alimentación e tamén o pracer de conversar coas persoas que rexentan os diferentes postos para coñecer os seus problemas e as súas vivencias no día a día. Ademáis, desta vez, puideron asistir á exposición de fotografías sobre a evolución do mercado e do pobo nos últimos anos.  .

Coñecemento do noso Medio Natural

Imaxe
O noso centro é privilexiado dado que conta cunha finca na que podemos desfrutar, pasear e tamén investigar o medio que nos rodea sen ter que saír do recinto escolar. Desta vez, coa axuda da profesora de Bioloxía, o alumnado puido comprobar in situ as diferentes especies tanto autóctonas como alóctonas e incluso facer propostas de  mantemento e recuperación.

Visita ao Museo do Mar

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar  en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar. Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso. Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe! E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo!