Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2017

Coñecemento do noso Medio Natural

Imaxe
O noso centro é privilexiado dado que conta cunha finca na que podemos desfrutar, pasear e tamén investigar o medio que nos rodea sen ter que saír do recinto escolar. Desta vez, coa axuda da profesora de Bioloxía, o alumnado puido comprobar in situ as diferentes especies tanto autóctonas como alóctonas e incluso facer propostas de  mantemento e recuperación.

Navega con rumbo

Imaxe
O xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO asistiu á charla  que leva por nome "Navega con rumbo"organizada polo departamento de Orientación. Esta inciativa do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia e a Consellería de Educación pretende achegar aos menores a un uso consciente e responsable de Internet e aborda temas como as redes sociais, o acoso, a suplantación de identidades ou o tratamento da identidade dos menores. En Pinterest no taboleiro de  "Protégete en red"  de@educaINTEF hai moitas infografías que recollen as recomendacións básicas. 

Outro día de mar!

O alumnado de 1º ESO visitou O Grove. En primeiro lugar fixeron unha visita ao acuario para descubrir as especies atlánticas e observar a fauna propia das nosas costas (raias, xurelos, douradas, rodaballos, maragotas, centolas, lumbrigantes...). Despois realizaron un paseo en catamarán para visitar unha batea.Rematamos a viaxe na illa de A Toxa. Un día especial e diferente para os que somos de mar adentro!

Visita da escritora Ledicia Costas

Imaxe
Recibimos a visita da escritora Ledicia Costas ,organizada pola biblioteca. Deste xeito o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos creativos do seu libro de lectura "Escarlatina, a cociñeira defunta", tamén puideron falar de ciberacoso e mesmo  de Julio Verne... Unha boa maneira de celebrar o Día do libro!

Obradoiro de Xeoloxía con Francisco Canosa

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO participa nun obradoiro organizado pola profesora de Bioloxía para coñecer e investigar os minerais da man do xeólogo e investigador Francisco Canosa. Tamén recomendamos unha visita ao seu interesante  blog  Rutas xeolóxicas de Galicia