Por segundo ano consecutivo o noso alumnado visita o mercado municipal no Día Internacional dos mercados, baixo o lema "Quere o teu mercado". Unha oportunidade para coñecer tanto os productos locais como os que forman parte da nosa alimentación e tamén o pracer de conversar coas persoas que rexentan os diferentes postos para coñecer os seus problemas e as súas vivencias no día a día. Ademáis, desta vez, puideron asistir á exposición de fotografías sobre a evolución do mercado e do pobo nos últimos anos. .
O alumnado de 1º de ESO visita a exposición "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño). Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70. Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares , o autor que...
Comentarios
Publicar un comentario