Como actividade colaborativa tentamos recuperar "Contos e lendas de Galicia" , especialmente da nosa contorna. O alumnado debe investigar e aportar unha historia coñecida do lugar onde vive, ou preguntar na casa, aos avós ou veciños. En caso de non atopala, outra posibilidade será buscar nos fondos da nosa biblioteca, onde temos actualmente una exposición cunha considerable selección sobre o conto galego. E tamén poderán buscar na rede, para o que recomendamos a páxina de Galicia encantada. Comezamos co noso guíón técnico en storyboardthat A continuación, dividimos o folio en seis cadros (situación no espazo e no tempo, personaxes, situación inicial, nó e desenlace final) que iremos completando e incluso debuxando... Unha vez redactada a historia, cada alumno/a debe ilustrala con storyboardthat ou crear un minilibro con storyjump , como aparece neste exemplo: Finalmente iremos recopilando as colaboracións do grupo, que x...