Publicacións

Coñecemento do noso Medio Natural

Imaxe
O noso centro é privilexiado dado que conta cunha finca na que podemos desfrutar, pasear e tamén investigar o medio que nos rodea sen ter que saír do recinto escolar. Desta vez, coa axuda da profesora de Bioloxía, o alumnado puido comprobar in situ as diferentes especies tanto autóctonas como alóctonas e incluso facer propostas de  mantemento e recuperación.

Navega con rumbo

Imaxe
O xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO asistiu á charla  que leva por nome "Navega con rumbo"organizada polo departamento de Orientación. Esta inciativa do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia e a Consellería de Educación pretende achegar aos menores a un uso consciente e responsable de Internet e aborda temas como as redes sociais, o acoso, a suplantación de identidades ou o tratamento da identidade dos menores. En Pinterest no taboleiro de  "Protégete en red"  de@educaINTEF hai moitas infografías que recollen as recomendacións básicas. 

Outro día de mar!

O alumnado de 1º ESO visitou O Grove. En primeiro lugar fixeron unha visita ao acuario para descubrir as especies atlánticas e observar a fauna propia das nosas costas (raias, xurelos, douradas, rodaballos, maragotas, centolas, lumbrigantes...). Despois realizaron un paseo en catamarán para visitar unha batea.Rematamos a viaxe na illa de A Toxa. Un día especial e diferente para os que somos de mar adentro!

Visita da escritora Ledicia Costas

Imaxe
Recibimos a visita da escritora Ledicia Costas ,organizada pola biblioteca. Deste xeito o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer os diferentes aspectos creativos do seu libro de lectura "Escarlatina, a cociñeira defunta", tamén puideron falar de ciberacoso e mesmo  de Julio Verne... Unha boa maneira de celebrar o Día do libro!

Obradoiro de Xeoloxía con Francisco Canosa

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO participa nun obradoiro organizado pola profesora de Bioloxía para coñecer e investigar os minerais da man do xeólogo e investigador Francisco Canosa. Tamén recomendamos unha visita ao seu interesante  blog  Rutas xeolóxicas de Galicia  

Investigando na nosa contorna

Imaxe
O noso alumnado  participa na actividade "Adopta unha árbore" na finca do instituto. Dende a materia de INEIN, levamos a cabo unha actividade de sensibilización para desenvolver a capacidade de observación e descobrimento do medio que nos rodea, fomentar o entusiasmo e establecer compromisos persoais  cara a actitudes de conservación. Na primeira sesión  cada grupo deberá marcar na súa ficha de observación as árbores e prantas ornamentais que van atopando. Tamén deberán decidir e consensuar a árbore que van adoptar. Posteriormente buscarán información tanto na biblioteca como na rede sobre a súa escolla. Finalmente deberán redactar o seu compromiso para coidala e protexela.

Visita ao Museo do Mar

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO fai un percorrido polo Museo do Mar  en Vigo, ademáis de participar nos diferentes obradoiros que nos ofrecen para entender mellor o noso mar, o mundo submarino e a vida dos galegos e galegas vencellados ao mar. Esta é unha actividade interdisciplinar organizada pola profesora de Bioloxía, coa que colaboramos dende a materia de INEIN en diferentes actividades programadas ao comezo de curso. Este día foi, sen dúbida, unha gran experiencia de investigación e aprendizaxe! E agora unha demostración de que a pesca tamén é unha actividade en equipo! 

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

Imaxe
O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño). Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar  O Principiño  en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de  Le petit Prince  en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70. Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares , o  autor que...

Formación de usuarios na biblioteca

Imaxe
Video informativo compartido por bibliototem   do IES Xunqueira 2 de Pontevedra Traballo co listado de libros de lectura de diferente cursos Localización nos andeis Consulta no MEIGA no ordenador do alumnado

Resultados da enquisa sobre educación ambiental e consumo responsable

A importancia de ir á escola

Imaxe
Con este documental poderás reflexionar sobre a importacia de ir á escola e poder aprender cousas novas cada día. . Despois veremos a correspondente unidade didáctica e faremos un pequeno traballo sobre a película. Documentación e ficha didáctica na  páxina oficial .

Avaliación final

Debes cubrir a seguinte enquisa tranquilamente e coa maior sinceridade posible.Se non comprendes ben o enunciado consulta coa profe antes de responder.  É totalmente anónima! Cargando...

Clase lectora do curso 2015/2016

Imaxe
Libretas de Bibliotecas Escolares como premio polo seu compromiso lector. Parabéns!  1º ESO_B 1º ESO_A

Investigación sobre o noso Mercado e Praza de Abastos

Imaxe
Dentro da campaña do concello "Quere o teu mercado" o alumnado de INEIN realizou dúas visitas ao Mercado Municipal.  A primeira, para investigar e preguntar sobre o seu funcionamento e necesidades . E a segunda,na véspera do Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos, para levar as conclusións finais e compartilas co alumnado do colexio e da escola unitaria de Rubiós. .

Museo etnográfico "Casa do patrón" en Lalín

Imaxe
Unha lembranza da nosa visita...

Saída didáctica á comarca do Deza

Imaxe
Pola mañá... Visita ao museo etnográfico "Casa do Patrón" en Lalín Obradoiro de queixo artesán Saída en colaboración con Ciencias Naturais

Saída didáctica á comarca do Deza

Imaxe
Pola tarde... Camiñada pola fraga de Catasós Visita ao "Museo Galego da Marioneta", no Pazo de Liñares. Saída en colaboración con Ciencias Naturais

Música e poemas de Manuel María

Imaxe
Na xornada de convivio coas escolas unitarias da contorna.  

Concurso "Descubrindo a Rosalía"

Actividade de investigación na nosa biblioteca Formación de usuarios

Lecturas compartidas no Día de Rosalía

Imaxe
O alumnado de INEIN de 1º de ESO participou activamente nas actividades da "Semana de Rosalía". Estas imaxes corresponden ás lecturas compartidas na biblioteca.

Non te enredes na rede!

Imaxe
Guía para menores  da Axencia  Española de protección de datos.

Mandalas para relaxarse

Imaxe
Dado o interese que suscitan os mandalas despois de ver o cartaz deste curso para o Día da Biblioteca Escolar elaborado polo alumnado de INEIN de 1º de ESO, deixamos aquí o enlace para descargar e colorear os que máis gusten. 200 mandalas para imprimir de Orientación Andújar

As nosas lendas e contos populares

Imaxe
Como actividade colaborativa  tentamos recuperar "Contos e lendas de Galicia" , especialmente da nosa contorna. O alumnado debe investigar e  aportar unha historia coñecida do lugar onde vive, ou preguntar na casa, aos avós ou veciños. En caso de non atopala, outra posibilidade será buscar nos fondos da nosa biblioteca, onde temos actualmente una exposición cunha considerable selección sobre o conto galego. E tamén poderán buscar  na rede, para o que recomendamos a páxina de Galicia encantada. Comezamos co noso guíón técnico en storyboardthat A continuación, dividimos o folio en seis cadros  (situación no espazo e no tempo, personaxes, situación inicial, nó e desenlace final) que iremos completando e incluso debuxando... Unha vez redactada a historia, cada alumno/a debe ilustrala con storyboardthat ou crear un minilibro con storyjump , como aparece neste exemplo:  Finalmente iremos recopilando as colaboracións do grupo, que x...

Investigación e tratamento da información

Imaxe
Materia de libre configuración para 1º de ESO Enlace ao DOG do 21 de xullo de 2015

A primeira visita á biblioteca

Imaxe
Foi no curso pasado, na visita para coñecer o centro... Estás nesta foto? Cal foi a túa primeira impresión? E agora, que esperas atopar aquí?

Sabes onde están os libros?

Mira atentamente este video e  despois vai curioseando na biblioteca... Vía bibliototem